11 de out. de 2006

Virus e blogues


Contaminación da información na blogosfera. David Armano.

Non gosto de linkar posts alleos mas neste caso farei unha excepción. Vía unha bitácora de Barrapunto encontrei un interesante experimento de Eric Kintz sobre a contaminación viral da información nos blogues.

Un post con gancho, posuir certo karma na rede, que te referencie a túa comunidade, que algún blogueiro te traduza a outra lingua de ampla difusion e que te liguen desde Slashdot/Barrapunto ou Menéame e xa temos o virus da información espallado. Xa o dicía Goebles, unha mentira repetida mil veces convértese en verdade.

1 comentario:

  1. As lendas urbanas do século XXI habémolas facer nós...

    Parabéns polo blog.

    Saúdos dende Catalunya, espero verte polo meu blog. Saúdos.

    ResponderEliminar