20 de nov. de 2006

Galeguidade ao volante

Por estas alturas do ano os xornais comezarán a publicar estatísticas sobre as vítimas en accidentes de tráfico. Neste eido, os galegos temos unha maneira de ser na estrada que constitúe un feito diferencial que debería ser recollido no novo Estatuto.

O galego parecera incapaz de manexar un automóbil sen un estómago farto de comida e bebida. O sentido da palabra circular fica esclarecido debéndose á incapacidade dos condutores para movérense en liña recta senón en eses ou aínda mediante outras consonantes.

O código da circulación é para nós o equivalente contemporáneo do de Hamurabi: ten un valor histórico e serve para resolver disputas nos tribunais mas case ninguén fará caso del no día-a-día. Por exemplo, se tiver máis de 60 anos e un automóbil vello estará exento de usar cinto de seguridade, pois iso son só "mariconadas" para os novos. Xa para non falar dos sinais de tráfico, destinados non aos naturais senón exclusivamente aos turistas.

Como mostra da nosa paixón polo volante lémbrese que a única industria privada da automoción do Estado foi made in Galicia. Creo que case todos lembramos algún tractor ou camión das factorías de Eduardo Barreiros.

5 comentarios:

  1. as estatísticas arxentinas non teñen nada que envexar ás galegas. E os cemiterios tampouco...

    ResponderEliminar
  2. Barreiros forase traballar para xunto de Castro??

    ResponderEliminar
  3. Si, Barreiros rematou vendéndolle camións ate a Cuba.

    ResponderEliminar
  4. Nos primeiros 70 Cunqueiro fixera un anuncio na TVE moi simpático sobre o tráfico, para que os galegos non fosen atropelados nos arcéns (non sei se Cela tamén). E de Barreiros hai unha recente biografía do historiador Hugh Thomas, que non teño, pero que debe pagar a pena: financiada, xa sabedes, por Mari Luz Barreiros, filla do industrial e exmuller de Polanco. Coincidiume cear unha vez con ela (e con H.Thomas) en Ourense (nun convite de La Región) e pareceume simpática.

    ResponderEliminar
  5. Non fai falla que sexan maiores e teñan coches vello para non poñer o cinto de seguridade.
    Non hai mais que ler os sucesos. Semella que poñer o cinto quítalle cabalos ó GTi

    ResponderEliminar