5 de dec. de 2006

Literatura fast food

Este fim-de-semana soube que morrera de câncer de pulmão Allen Carr, aquele gajo que ficou milionário ao vender livros para deixar de fumar que se transformaram em best-sellers internacionais.

Isto fez-me lembrar a morte do Dr. Atkins, que faleceu com um ataque cardíaco e pesava 200 quilos, o guru da dieta das proteínas e poucos vegetais e autor de vários supervendas. E aínda o psicólogo Wayne Dyer que encheu de auto-ajuda as prateleiras dos Carrefour rematou os últimos dias numa seita religiosa.

A literatura fast-food não alimenta, não resolve qualquer problema, mas vende.

8 comentarios:

  1. Asi que o doutor Atkins morreu gordo a pesar da sua dieta miragrosa.
    Que cousas che hai no mundo.

    ResponderEliminar
  2. me repatean os libros de autoaxuda... e iso que non sabía eses detalles que en tan pouco contribúen á súa credibilidade...

    ResponderEliminar
  3. Os libros de auto-axuda como di o seu nome axudan moito o autor para mercar un auto novo, rirse dos que compran o bodrio e para seguir enchendo o peto a conta dos parvos.
    Cando empecei a fumar merquei un auto-axuda (que non sei como se chama) e neste caso si que me valeu ... cando non tiña tabaco, acabei fumando as follas do libro.

    ResponderEliminar
  4. Colega da Randeeira, pois menos mal que non remataches facendo canutos con algún deses libros de máis de mil páxinas.

    ResponderEliminar
  5. Pois si oh, como veña un portugués do lado dereito, hai accidente seguro!!
    E si, os libros de autoaxuda é todo interés comercial, non valen para nada!!
    Unha apertiña
    ;-)

    ResponderEliminar
  6. Non son únicamente os libros de autoaxuda os que non valen para nada. Eu engadiría outras categorías, moitísimos títulos e moitos nomes de escritores...

    A industria ten moito que ver...

    Pero, no fondo penso que a existencia destes textos non é tan mala, porque significa que esa disciplina segue viva e vive unha situación normalizada con textos bos ou literarios e textos malos ou pseudoliterarios.

    ResponderEliminar
  7. Seica reloxo astronómico non foi nunca reparado porque nunca o precisou dende que foi posto na Idade Media...

    ResponderEliminar
  8. eu sabía que esa literatura facía mal á cabeza, pero polo que vexo tamén é perigrosa para a saude! Falando en serio, o que é certamente perigroso é pensar que para os problemas grandes hanse atopar solucións pequenas e que neste mundo o traballo e o esforzo xa non valen...

    ResponderEliminar