13 de feb. de 2007

Tocando instrumentos de vento co Open Pipe

Santiago Barro, colega e próximo enxeñeiro en informática, está a desenvolver un interesante proxecto en código aberto para a Universidade da Coruña que combina as súas dúas paixóns de sempre: a informática libre e a música.

O proxecto Open Pipe transformará calquera partitura para gaitas, frautas, clarinetes e similares instrumentos de vento (pipes) en música para os nosos ouvidos. Outra vantaxe curiosa será poder interpretar a gaita co teclado.

En breve liberarase a primeira parte do código. Máis no seu blog. Sorte, Santi.

4 comentarios:

  1. Grazas por esta indicación. (Non sabes o ben que me veu)

    ResponderEliminar
  2. Qué boas novas! Non sabía eu destes proxectos, pero hoxe mesmo empezo co proselitismo entre os músicos que coñezo e que nunca dan aforrado para mercar esta caste de programas...

    ResponderEliminar
  3. semella interesantisimo! unha porta aberta á musica que, de momento, so é para quen fala esa lingua. Graciñas!

    ResponderEliminar