8 de dec. de 2009

A importancia dos xogos de construcción


Agora que estamos en datas de facer presentes suxiro os xogos de construcción como os mais altamente educativos e divertidos para os nenos. Estes xoguetes axudan os meniños a desenvolver o coñecemento intuitivo da física e da xeometría e a proxectar, modelar e ensaiar solucións propias. Incluso melloran as capacidades lingüísticas pois as ideas xeneratrices e os xeitos de construir requiren ser explicados oralmente. Existen versións deste divertimento para varias idades: os máis miúdos prefiren os bloques grandes, en madeira ou plástico moles, e de cores vivas para construccións edificatorias. Os maiores, en troques, devecerán polos modelos de estruturas dinámicas como automóbiles ou robots realizados en pezas pequenas de plástico ríxido.

A miña marcas de construíbeis favorita era a Tente (da catalana Exin), que tiña semellanzas coa Lego con quen tivo un duro litixio por mor diso, mas custaba menos e as pezas resultaban moito mais versátiles. Desafortunadamente, Tente hoxe xa non existe ao ser vendida por Exin a Borrás para desaparecer finalmente en 2007. Aínda así, algúns conservamos nostalxicamente algunhas daquelas pezas e a paixón pola construcción.

1 comentario:

  1. ¡Cantas horas a inventar lideiras coas pezas do Tente! ¡E a construir cousas con él para os Clicks e outros monecos!
    Comparto totalmente a recomendación, como non podería ser de outra maneira, e tamén lle recomendo ós pais que participen neses xogos cos seus fillos.

    ResponderEliminar