- A que te dedicas?
- Son enxeñeiro, fago estruturas.
- Xa entendo, estruturas. Entón, pontes, encoros, túneles...
- Non exactamente.
- Aeroportos? Edificios?
- Edificios industriais, cando vai ben.
- Pero iso existe?
Ás veces dá a impresión, falando con persoas que non traballan no mesmo, que a súa idea da figura do enxeñeiro civil está un pouco desviada respecto á realidade cotiá de hoxe. No imaxinario común, os enxeñeiros de estructuras facemos, sobre todo, cálculos, moitos cálculos feitos nunha escura oficina nunha grande torre gris, así durante 40 horas todas as semanas. Os enxeñeiros de estruturas calculan, pero tamén crean debuxos e especificacións, asisten a reunións co cliente ou a propiedade (non poucas veces en varias linguas), falan cos fornecedores e negocian as mellores ofertas técnicas, resolven as dúbidas durante a construcción, revisan o traballo doutros enxeñeiros ou deseñadores, escriben informes e avaliacións, ou forman a xente nova que entra na profesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario