27 de ago. de 2006

Toponimia: Llanfair­pwllgwyngyll

Esta é unha pequena homenaxe aos meus veciños galeses, que non se avergoñan de utilizar a toponimia en galés, como debe ser.

O que len no cartaz é o nome completo de vila mais longo do Reino Unido. Pronuncialo é só para os valentes. Eu digo abreviadamente Llanfair que sería pronunciado algo así como /'hlan vair/.

Non teño mínima idea sobre o nome de vila mais longo da Galiza mas sospeito que Santa María das Pontes de García Rodríguez non andará lonxe do obxectivo.

5 comentarios:

  1. Lin por aí unha vez que en Galicia estaban case o 50% dos topónimos de España e hai casos curiosos de "repeticións" de lugares do estranxeiro coma por exemplo Cairo ou Servia.

    ResponderEliminar
  2. pois, vexo que nada na miña biografía toponómica pode competir con estos marabillosos nomes. Nacín en Bos Aires, vivin mais de 25 anos en Wilde e agora estou en Nuñez. No CERA fun empadroada en Bande, de onde partiron os meus, ainda que tamén podería estalo en Moraña, onde naceu meu pai. Máximo 8 caracteres (co espacio entre as dúas palabras...).

    ResponderEliminar
  3. Compitamos logo polos mais pequenos. Na minha freguesia há uma aldea chamada Ver, e a poucos quilómetros da minha casa passa o rio D'Ã (em oficialinho, "Dá"), já quase por Vilalva (capital da Terra Chã).

    Dizer também que em tempos Castro do Rei era Castro do Rei da Terra Chã, com o qual já seriam 21 caracteres (sem espaços).

    Saúde!

    ResponderEliminar
  4. Ben. Eu vivo en San Cosme de Barreiros (19), a unha banda teño a San Pedro de Benquerencia (22), cara o interior teño Santo Adrao de Lourenzá (20) e enfrote teño Foz (3). A vantaxe que ten Foz é que so precisa un poste para aguantar o nome.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas polas aportacións. Eu para outubro estarei traballando en Santiago de Compostela que aos británicos lles chama a atención porque son nada máis e nada menos que 20 caracteres, que non está mal.

    Na terra dos meus pais, moi perto da Terra Cha, hai unha aldea que se chama . Vese que na Terra Cha son moi dados ao minimalismo.

    ResponderEliminar