Se ben Rodríguez Ibarra representa a vella garda dun socialismo demodé, hai que recoñecerlle o mérito de loitar polo mellor para a súa terra. Errou no obxectivo da súa xenreira: non debería ter ollado tanto para Cataluña, senón tamén para a máis próxima comunidade do oso, que alén de ser a máis rica de todas, é a que empregou a meirande parte do PIB estatal en remozar as súas autovías, estacións de tren e aeroporto.
Apesar dos erros, hai unha cousa pola que merecería especialmente ser louvado pola modernidade. A Extremadura leva varios anos fomentando o software libre (open source) con suceso. Hoxe en día é a administración da UE menos dependente do software comercial con copyright (enténdase principalmente Microsofte e a ditadura do Windows, Word, Explorer, etc). A súa distribución do sistema operativo aberto e gratuito Linex está ben estendida no eido académico, incluso a nível estatal. De facto, IBM anunciou recentemente o estabelecemento dun grande centro de producción de software en Badajoz.
Certo é que a Extremadura continúa a ser a comunidade máis pobre mas recurtou distancias grazas ao salto tecnolóxico e sentou as bases para aspirar a un futuro mellor.
Oxalá que a chegada do supercomputador Finis Terrae ao CESGA e os novos mestrados e doutorados sirvan de revulsivo para saírmos do modelo económico do cemento e apostar dunha vez polo valor engadido da nosa incipiente industria tecnolóxica.
eu son positivo... e creo que o novo goberno entende tamén isto. Alomenos neso confío.
ResponderEliminarTemos que empezar a ter relacións co mundo exterior... e ésta é unha boa mostra de cooperación: operar xuntos para o desenvolvemento.
Oxalá, Mendinho, oxalá.
ResponderEliminarPódovos asegurar, e creo que estou ben informado, que a Xunta ten un grande interese no software libre. Tamén se podería dicir o mesmo dos tres partidos políticos que, en principio e noutras comunidades, apostan por este xeito de entender a tecnoloxía. Tamén sei que dentro de pouco levaremos unha agradable sorpresa. Tade antentos.
ResponderEliminarNom tem a ver co tema do post, mas ti tes pinta de ser sabido nestas cousas. Hoxe vinha no jornal que a renfe vai fechar corenta estaçons por toda Galiza, por ser pouco rendíveis.A gente que estabamos a tomar o café fixemos quase o mesmo comentário: é que em trem nom se pode ir a ningures. E vale que a ningures nom, mas admitamos que vivimos na zona do Estado pior comunicada ferroviariamente e que quitando o eixo Corunha-Santiago-Vigo do resto éche melhor ir andando. Alguén dixo que o traçado dos caminhos de ferro era um traçado colonial, própio dun pais africano. Sabes se há algo de certo nisto?
ResponderEliminarSenhor Mendinho e non podería vostede facerse con Fenosa, Fadesa, etc. e darlle un futuro empresarial intelixente ao noso país?
ResponderEliminarIbarra es un dinosaurio que más de uno habría preferido ver fosilizado...pero hay que reconocer que genio y figura como pocos.Quién lo íba a imaginar...estandarte del desarrollo tecnológico!Paradojas cactúas.Saludo!
ResponderEliminar