7 de set. de 2006

O tamanho importa

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Pode ser ela pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras. Vicente Risco.

Embora boa parte da vida de Risco não seja digna de admiração, esta frase formosíssima que escutei ao começo de um programa da TVG é inspiradora e própria do brilhante pensador que alguma vez foi. E até talvez tenha algo de razão desde um ponto de vista pragmático: dos dez países com a maior renda per cápita só um tem mais de dez milhões de população, os Estados Unidos da América. Em destaque, a Suíça com 7m e a Noruega com 4m.

Desde os tempos de Aristóteles se tem debatido a questão do tamanho óptimo da administração duma cidade. Uma cidade imensa maneja grandes orçamentos mas esta eficiência perde-se quando a população está muito dispersa e nas cidades pequenas, apesar de o custo de estrutura por cabeça ser um bocado maior, as pessoas semelham mais conscientes das despesas e o governo local pode agir com proximidade e rapidez.

Até a biologia pensa que os dinossauros se extinguiram por excesso de tamanho. Eu pessoalmente não me sinto folgado numa cidade de mais de meio milhão de habitantes.

22 comentarios:

  1. Non foi tamén Celso Emilio o que dixo: O meu País é pequeno, pero chega deica as estrelas.
    Penso que tamén se pode aplicar a frase.

    ResponderEliminar
  2. É curioso como alguén cita un texto algunha vez e a continuación moitos repiten a mesma cita como se foran eles os descubridores do tesouro. A pena é que a as palabras da cita vaian cambiando...

    "Ti dis: Galicia é moi pequena. Eu dígoche Galicia é un mundo. Cada terra é como se fora o mundo enteiro. Podrás percorrela en pouco tempo de norte a sur e de este a oeste; podrás voltar a percorrela unha e outra vez; non conseguirás andala de todo. E cada vez que a percorras, atoparás cousas novas.[...]Pode ser ela pequena en extensión; pero en fondura, en entidade, é tan grande como queiras".

    ResponderEliminar
  3. Eso é....eu o lin nun libro a cita completa e é iso....e remata con un "Galiza non é pequena,pequeno es ti que non consegues abrangala",ou algo así,non lembro ben sen o libro diante...

    ResponderEliminar
  4. Desculpe, Mrs. Doyle, non se amole, se non referín a cita completa foi por cuestións de espazo, non por desleixo. Escoiteina de novo no programa das Viaxeiras da Lúa, como dixen e veume á cabeza usala como introducción dunha anotación.

    Se co cambio de palabras se refire a Galiza/Galicia, saiba que dependendo do ano de publicación e republicación aparece Galiza ou Galicia, segundo as regras de Galaxia do momento, que como sabe, non son coincidentes precisamente a da RAG. Se ben, neste momento, as dúas formas son aceitadas pola RAG. Cada quen que use a que lle pete.

    Para quen queira saber máis, a cita pode encontrarse nun pequeno texto intitulado Da medida das cousas, nas obras completas de Risco publicadas pola editorial arriba asinalada.

    ResponderEliminar
  5. Eu quedaríame coa idea da medida ideal dos estados.
    Penso que para que o trato for máis humano os paises deberan ter un equilibrio no que pesasen tanto as dimensions xeográficas coma as demográficas, sendo as dúas manexábeis en dimensións tirando a reducidas pero suficientemente grandes como para ter o seu peso no mundo, que a fin de contas é para o que nacen os estados. Para aportar a súa visión e o seu peso ao mundo. Coma o lema galeguista.
    "Galiza, célula da universalidade"

    ResponderEliminar
  6. Quizais un dos motivos de éxito de Estados Unidos e que é un gran país composto de minipaíses. Pouco teñen que ver uns estados cos outros e incluso os estados conteñen unha grande heteroxeneidade no seu interior. Os países que funcionan ben están orgullosos da súa diversidade interior (Alemaña) e os que non están obsesionados con conformar un bloque uniforme (xa sabedes cal). EUA anticipou a estructura da rede: do local ao global con banzos nos dous sentidos. Un proxecto no que deberíamos crer os europeos sempre que estas redes se establezan baixo o criterio da fraternidade, a xustiza e a democracia.

    Pero por outra Galicia podería ser Siberia que daría igual que está habitada por ananos de mente e espírito.

    ResponderEliminar
  7. Alédome de que sexa cuestión de espazo...

    Curiosamente esta cita aparece tamén en tódolos folletos de Turgalicia e, quen sabe, ao mellor o guionista da TVG leuna aí...

    En canto ao cambio de palabras non me refería a este caso en concreto, senón en xeral, é dicir, que non me gustan os pseudointelectuales que repiten as citas que citan outros sen saber cales son as fontes, que repiten as criticas dos xornais en lugar de teren as propias,...

    ResponderEliminar
  8. Aí deume duro, Mrs. Doyle; por desgraza non teño o nível de Risco (quen me dera!) para criar frases contundentes. Non aspiro sequera a ser pseudointelectual, iso queda para os xornalistas, eu só esbardallo ao meu xeito. E non, non sabía o do Turgalicia, mas paréceme un eslogan atinado.

    A verdade é que hai estados cunha grande diversidade interna incluso sendo pequenos como Suíza, Bélxica, Holanda e ata Luxemburgo. Irlanda sería un caso de estado pequeno pero cunha proxección internacional derivada da emigración impresionante.

    Tamén hai casos moi parecidos a España. O Nadador citou a Alemaña. O Reino Unido ou a Italia tamén son estados bastante heteroxéneos. De feito, agora que se fala tanto de se se é nación ou non, no Reino Unido teñen o estado claramente dividido en catro nacións e cada unha xoga coa súa selección con bastante naturalidade e sen histerias.

    Por certo, e xa offtopic, vaia chosca lle deu onte a pequeniña Irlanda do Norte á selección española de fútbol. Paréceme que o basket vai ser o rei por unha tempada.

    ResponderEliminar
  9. Mendinho: creo que me malinterpretou. Non facía ese comentario por vostede. Por favor, non pense eso porque non é certo. A persoa que tiña en mente era o guionista da TVG, canle de TV que dende o meu punto de vista deixa moito que desexar. Rógolle desculpas polo malentendido.

    É moi interesante a reflexión de estados e nacións. En Europa temos mostras moi interesantes como vostede apunta.

    ResponderEliminar
  10. Aos Homens do Mar

    Como eu admiro a sabedoria dos humildes homens do mar, que olhando para as estrelas sabiam qual era a sua própria dimensão.

    PITO

    ResponderEliminar
  11. Perdón por no escribir en gallego, pero aunque lo entiendo medianamente, no soy capaz de plasmarlo.

    La cita es verdaderamente bonita. Pero como dijo alguien por ahí arriba, hay algunas muy parecidas, incluso en lugares tan lejanos como mi tierra, Canarias.

    Para terminar, me ha surgido una duda que no tiene que ver con el tema. Tiene que ver con la forma de escribir "julio" en gallego. En tu blog, Mendiño, escribes "julho", pero me ha parecido leer en los periódicos "xullo". ¿Con cuál me quedo?

    Gracias. Un saludo

    ResponderEliminar
  12. Podes quedarte coa forma que máis che agrade: Xullo é galego normativo, Julho é portugués. Dado que a maioría dos galegos non teñen ningún tipo de problema para entender o portugués, é a lingua que emprego no 50% dos meus posts. Como poderás ver hai visitantes de todas as partes, do cal me alegro.

    ResponderEliminar
  13. "Dado que a maioría dos galegos non teñen ningún tipo de problema para entender o portugués, é a lingua que emprego no 50% dos meus posts"

    OK, de acuerdo. Pero el 100% de los gallegos entiende el español y no por ello escribes aunque sea un 20% en español. Pero, oye, nada, escribe como quieras. ¡Pues no faltaba más!

    ResponderEliminar
  14. Non escribo neste blogue en castelán porque é un blogue galego-lusófono, ese é o meu público alvo como fica claro na introducción que pode ler arriba á esquerda.

    Sen embargo, estou encantado de ter visitas de xente da hispanofonía ou de calquera outro ámbito lingüístico que teñan curiosidade por temas galegos e lusófonos. Non se preocupe, estou seguro de que o galego, como lingua romance que é, tamén será fácil de entender para un neófito coma vostede e se non entende algo, pregunte, que para iso estamos.

    ResponderEliminar
  15. Estupendo blog, Mendinho. Cheguei aquí desde o blog de Kaplan.

    ResponderEliminar
  16. Pues yo, Mendiño, como supongo sabrás, llegué a tu blog desde radikaleslibres, a donde fuiste a realizar (según tú) un estudio sociológico... Y bien. ¿Es pronto o ya tienes tus conclusiones? Me interesan. I mean it. See'ya

    ResponderEliminar
  17. Por cierto, el otro día se me olvidó comentar un post d'O Nadador.

    "Os países que funcionan ben están orgullosos da súa diversidade interior (Alemaña) e os que non están obsesionados con conformar un bloque uniforme (xa sabedes cal)"

    En fin, espero que Nadador reconozca que eso es tan sólo opoinión (como casi todo lo que se publica), pero me gustaría referirme a lo que dice de Alemania. No sé si lo sabes, pero Alemania, aun orgullosa de su diversidad, ha emprendido el camino de la cemtralización. ¡¿Comorrrrrrrrrr?! Pues sí. Después de años dando poder a los Lander, ahora (tras las últimas generales, aquellas que iba a perder la Merkel según el pitoniso ZetaP) se han dado cuenta de que hay temas que debe llevar, sí o sí, el gobierno central. Y están desandando lo andado en temas como la educación, sanidad, hacienda y exteriores.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  18. Estudo sociolóxico? Denscanse a vista, home: non quererá dicir vostede experimento sociolóxico?. Aínda non percebeu a retranca do comentario, verdade?. Efectivamente, fixen algúns breves comentarios nese blogue "liberal" que vostede refire, pola miña curiosidade gatuna (un defecto meu) ate que a cousa empezou a dexenerar e preferín probar outros blogues con outro sabor. Mais iso non é o tema deste: este caderno é Caixa de xastre do Mendinho e vai do que pode ler enriba a carón do título e non voltarei facer outro offtopic con vostede, ok?.

    ------------------------------------------

    Supoño que vostede que é canario, non gostaría de desprazarse a Madrid para solucionar todos e cada un dos problemas que agora soluciona na súa propia illa. Gustaríalle esperar dous meses por un papel que ten que ir a non se sabe onde? Canta xente se sentiría cómoda cun centralismo á chinesa?. Pense que miña avoa xa refunfuña cando ten de ir a Lugo a amañar papeis. Por suposto, de todo se pode opinar.

    ResponderEliminar
  19. Basándose uno en lo del papeleo, Mendiño, se puede llegar muy lejos. Un ejemplo: estaría muy bien que los de Corme no tuvieran que ir a Ponteceso a resolver, digamos, el impago de unos impuestos municipales... pero se va y no nos ponemos a decir "Coño, si es que esto lo tendríamos que solucionar aquí"... Sería el cuento de nunca acabar.

    Además, en serio, poner a la burocracia como disculpa para descentralizar el estado no me parece muy de recibo, en plena era internáutica. No sé por ahí en Galicia, pero lo que se ha conseguido en Canarias es que el papel que antes necesitaba para cualquier cosa, ahora me lo piden 3 veces (local, autonónmica y estatal).

    Y quizás no me haya explicado suficientemente, pero yo no soy contrario a cierta descentralización. Sin embargo, hay cosas que afectan a todos que no se pueden dejar en manos de una parte.

    PD: por lo de experimento en lugar de estudio no me vayas a crucificar, hombre. No te preguntaré más, descuida.

    ResponderEliminar
  20. En Agosto botei oito días en París. Fermosa e tal. Pero comprendín o ben que se vive nunha cidade máis cativa como é Vigo. En calquera caso, caro Mendinho, é curioso o teu post nestes intres de "globalización", é dicir, onde seica semella que queren que vivamos todos na "mesma cidade".

    ResponderEliminar
  21. vívese mellor nun sitio pequeno pero hai máis oportunidades nas metrópoles... a dúbida da miña vida!

    ResponderEliminar
  22. Eu non teño dúbidas: cando sexa velliño quero vivir nun sitio recollido, coa miña xente, escribindo, escribindo, e lendo, lendo...

    ResponderEliminar