26 de mar. de 2007

A irritación de Martin Varsavsky

O emprendedor e filántropo Martin Varsavsky vén de encabuxarse porque, tras criticar o sistema de ensino español como fornecedor de mileuristas, non tardaron en agromar os tradicionais xeitos hispanos de discutir as cousas.

No fundamental coincido co que di Martin; o ensino de habilidades básicas como emprender, comunicar, liderar ou saber vender[-se], especialmente no ensino galego, é moi mellorábel. Botando unha ollada ao ranking de universidades públicas do xornal El Mundo é certo que o resultado non é para fachendear:

14-Univ. da Coruña
22-Univ. de Santiago de Compostela

34-Univ. de Vigo


Só figuran no top five das mellores carreiras Educación Física (UDC), Políticas (USC), Farmacia (USC), Hispánicas (USC), Enx. Camiños (UDC), Enx. Química (USC) e Enx. Telecomunicacións (Vigo).

No entanto, non estamos a pedirlle demasiado á universidade? Cústame crer que un estadounidense pasase o periodo de proba na kafkiana selva empresarial galaica. O caso da BluSens, empresa ideada por un recén licenciado da USC, é mesmo un caso heroico. Se non temos mellores salarios tamén é porque o noso herdado caciquismo, en todas as súas maneiras, que non premia os mellores, está a frear calquera iniciativa individual de emprendedorismo.

Nota: Imaxe alegórica da realidade laboral galega.

21 comentarios:

  1. Tengo un profesor que nos recuerda en cada clase que por él, quitando a la Complutense, nos mandaba a todas(las Univ. Públicas)al carajo. Así cualquiera se motiva...
    Bico, Mendinho.

    ResponderEliminar
  2. Estuven a leer o que di Martin Varsavsky, e os comentarios que lle colgaron (parece que non gustou moito o que di) pero a min paréceme que o tipo ten bastante razón.
    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  3. A través de los comentarios en el blog de Martin Varsavsky, me he topado con el siguiente articulo de un matemático español sobre el rechazo de Perelman a la medalla Fields (que tú comentaste en su día en tu blog) y sobre la situación actual en el mundo académico. El artículo me ha parecido muy cierto, en base a mi corta experiencia lidiando con un mundillo similar al de las matemáticas. He aquí el link:
    http://www.elpais.com/articulo/futuro/blues/pasa/escalera/elpfutpor/20060906elpepifut_6/Tes

    ResponderEliminar
  4. Para ler o artigo ligado por DGR poden clicar aquí

    Vaia, non sabía que John Nash nunca levara unha medalla Fields. A min a frase que me gustou de todo o artigo e que resume moi ben a mentalidade hispana foi:

    "Los matemáticos de primera quieren rodearse de matemáticos de primera, los de segunda quieren matemáticos de tercera, y los de tercera, matemáticos de quinta...".

    ResponderEliminar
  5. Dechos no cabro, non nos damos desfeito do caciquismo, pero non so en Galiza, senón en todo o territorio do Estado. A entrevista censurada a García foi un dato moi revelador, como el mesmo dixo, trala creación de Telefónica Media aquilo era "un escándalo sen precedentes, estaban colocando a políticos, fillos de ministros, fillos de ex..., xente inútil, xente incapaz, en algúns casos xente deshonesta".

    Mais que un problema de ensinanza é un problema de empresarios e políticos mediocres.

    ResponderEliminar
  6. Eu de universidades pouco sei, pero de mileurismo son diplomado... sobrevivir na selva laboral xa é saber camuflarse, cuspir bile, e correr mais que os "charlies"

    ResponderEliminar
  7. Mendinho, a mí también me gustó esa frase. Pero creo que no sólo resume la mentalidad hispana, sino la de todas partes.

    PS: Algún día tienes que explicarme cómo poner links en los comentarios.

    ResponderEliminar
  8. EU QUERO SER MILEURISTA!!! Pasar de prácticas a bolsas, de bolsas á etérea figura de colaborador ou cobrador en negro -con pasos intermedios pola hostalería e traballos literalmente incribles-
    sempre sen cotizar, sempre oficialmente parado...

    ResponderEliminar
  9. En HTML podedes escreber un link mediante unha tag coma esta, por exemplo:

    [a href="http:// .... "] Nome do enlace [/a]

    cambiando os símbolos [ ] por < >.

    ResponderEliminar
  10. A única que coñezo e da que podo dar fe é Hispánicas de Santiago. Nada, pero nada que envexar en ningún lado: unha das millores. DO mundo, que para iso é de Hispánicas.
    Por outro lado, u-lo criterio polo cal a de Coruña é millor cás de Santiago ou de Vigo?

    ResponderEliminar
  11. Todos os rankings teñen os seus erros, mas penso que é bastante obvio que a Universidade da Coruña ten agora máis cartos que a USC, que estivo a piques de entrar en suspensión de pagos. A de Vigo non a coñezo e non podo falar dela.

    ResponderEliminar
  12. Podería escribir durante horas sobre as universidades públicas en Europa, en USA, España e en Galicia, incluso tamén de algún caso asiático e africano pero non vos torturarei.

    A miña conclusión é que son pésimas, e polo tanto formación que ofrecen é moi mellorable.
    Os resultados están á vista.

    Interésame moitísimo este tema.

    ResponderEliminar
  13. Pouco podo aportar eu o tema universitario porque non pasei da escola agora o que si observo é que para enfrontarse ó mundo laboral cústalle tanto o universitario como me custa a min

    ResponderEliminar
  14. Colega da Randeeira, hoxendía pode custarlle incluso máis ao universitario incorporarse ao traballo dado que comezar a traballar nun posto humilde lévase ben aos 18 pero non tan ben aos 25.

    Non creo que a nosa universidade sexa demasiado mala e mesmo dubido moito da súa capacidade actual para mudar o mundo. De feito penso,a índa que sexa impopular, que é barata de mais e por iso nos contentamos con que sexa regularciña e por iso ninguén protesta demasiado para que sexa óptima.

    ResponderEliminar
  15. Eu os casos que mellor coñezo, claro, é o das universidades arxentinas. Aquí, e por moito, as públicas son mellores cas privadas. So en instalacions, cafeterías e roupas dos alumnos, as privadas poden ir por diante das públicas. No resto, ninguen o dubida.

    ResponderEliminar
  16. Isto hai que aclaralo antes de que se cree unha lenda urbá :)

    Teño 23 anos, non me queixo de nada sobre o camiño leva a miña vida. Estou rematando a carreira de Xeoloxía e teño moita máis relación con Eratóstenes (aquel grego que foi o primeiro en medir o radio da Terra) e con Galileo, que con Descartes, que tamén.

    O texto é un capítulo do libro Herba Moura, que por certo vin onte na galería Sargadelos de Barcelona envolto en media ducia de premios.

    De momento non estou decepcionado, mais seguiremos informando :)

    Unha aperta sincera e nada irónica e grazas polos ánimos!

    ResponderEliminar
  17. Ui, xeoloxía, entón si que non che han de vir nada mal os ánimos (e tampouco o digo ironicamente).

    ResponderEliminar
  18. "Los matemáticos de primera quieren rodearse de matemáticos de primera, los de segunda quieren matemáticos de tercera, y los de tercera, matemáticos de quinta...".

    Home, os matemáticos, os físicos, os enxeñeiros,...ou cantos juncosas, padillas, jurados e demais non hai polo mundo adiante.

    Por certo, acabo de descubrir o teu blog (gracias a dgr). Está moi interesante.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  19. Veo que las siglas proliferan en tu blog, XMC! Esto ya parecen los títulos de la Variaciones Enigma =)

    ResponderEliminar
  20. Home, eu non vexo tan claro o que di Varsavsky. A realidade creo que é máis complexa.

    Se os españois tiveramos unha educación mileurista e os ingleses non, entón non habería españois con bos soldos no Reino Unido e pola contra deberíamos atopa ingleses con bos soldos en Galicia, por exemplo.

    Está claro que as oportunidades son moito mellores en Londres que en Laracha, tanto para os galegos como para os licenciados de Cambridge.

    ResponderEliminar