13 de mar. de 2007

Motivación

Hoxe ando cheo de fachenda porque semella que a sorte acompañou e os resultados dos exames non foron malos de todo como pensara. Con todo, o que mais me alegrou foi o e-mail que recibín dun profesor, especialmente porque na UNED os catedráticos e titulares poucas veces tratan directamente cos alumnos:

Le felicito porque su práctica es casi un trabajo profesional de modelado y simulación. Transmite una gran experiencia tanto en la parte metodológica de la asignatura, presentación y discusión del modelo, como en sus conclusiones.
Saludos, Fxxxxxxx Mxxxxxx

Estes pequenos detalles por parte dos docentes agradécense mais do que calquera calificación numérica para continuar estudando. E a motivación é o mellor alimento do estudante, xa sabedes.

11 comentarios:

  1. Felicítote polos teus bos resultados nos exames, eu tamén son estudiante da UNED (Educación Social), e sei moi ben o difícil que é compaxinar estudos, traballo e as cousa da casa.
    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa!!! Alégrome moito por ti. Fachendea todo o que podas, que non é para menos :)
    Que nada che estropee este momento, disfrútao!!!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns e a seguir alucinando a todo o profesorado.

    ResponderEliminar
  4. Pois adiante, que a motivación sexa para seguir buscando novos éxitos. Noraboa.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns!
    Eu estes días tamén teño a sorte de vivir situacións parecidas como alumna e como profesora...

    ResponderEliminar
  6. Parabens para ti! e paraben para o profesor que sabe que os alumnos son cabeza e corazon e que non hai mellor alimento para o ensino que o afecto.

    ResponderEliminar
  7. Otro gallo cantaría si estudiases en la UPM

    ResponderEliminar
  8. Jaja. Sí, supongo que en la UPM no me felicitarían mucho, Ljos.

    ResponderEliminar
  9. A súa ausencia destes lares tiña que ter unha recompensa, velaí está.
    Sentímonos moi orgullosos das súas notas, saiba que non lle imos quitar a Play nesta avaliación porque se portou moi ben.
    :D

    ResponderEliminar
  10. Parabéns polos resultados.
    Saúdos.

    ResponderEliminar