2 de set. de 2006

Além do Norte de Portugal

Túnel Airton Senna em São Paulo.

Apesar da impressionante reengenharia e renovação dos sectores industriais da Galiza e do Norte de Portugal nos últimos anos, como o têxtil, o alimentar, os móveis e o automovilístico, apesar de o país vizinho ser o nosso principal destino de exportação se exceptuamos a produção da fábrica de automóveis da Citroën de Vigo, ainda assim continuamos a ter uma falta de visão internacional nos negócios.

A Lusofonia representa mais de 200 milhões de pessoas no mundo. O PIB lusófono cresceu no ano passado a um ritmo de 7%, havendo sido os crescimentos maiores os de Moçambique e a Angola. Constitui, pois, um mercado considerável com perspectivas de crescimento notáveis onde a Galiza poderia fazer muito. Brasil é mais do que axé e futebol; oferece uma espectacular potência económica emergente e será o principal produtor mundial de bio-combustíveis, substitutos limpos e renováveis do petróleo, e o principal utente e produtor de software livre.

Grande parte da Lusofonia tem necessidade de edifícios, de rodovias e caminhos de ferro, de universidades, de tecnologia, de conhecimentos técnicos da mais diversa classe que os nossos empresários e profissionais especializados poderiam fornecer.

16 comentarios:

  1. O problema do sector empresarial galego é que non existe como tal, si a galeguidade non está espallada na sociedade menos aínda no tecido industrial. Moitos ven Portugal máis lonxe ca Francia.

    ResponderEliminar
  2. ¿e cres que o futuro está na Lusofonía?

    ResponderEliminar
  3. Temos que buscar os nosos parceiros naturais. Os nosos parceiros naturais non son a Franza ou Alemaña, porque están lonxe no físico e no cultural e son países caros para estabelecerse e estañados no económico.

    Os nosos parceiros naturais son Sudamérica, a Lusofonía, o Reino Unido e a Irlanda. Aos dous primeiros, dado que están menos desenvolvidos, podemos venderlles servizos e coñecementos (p.ex. consultoría), aos dous últimos dado que son mais ricos ca nós só podemos colocarlles produtos baratos por mar (como viño, flores, mobles,automóbiles,..).

    Non debemos desprezar nin o que nos ofrece o Norte anglosaxón nin o que nos ofrece o Sul lusófono. A empresa que non se internacionalice agora estará perdida no futuro coa competencia asiática. No Reino Unido sábeno moi ben e por iso estanse espallando rapidamente por economías emerxentes como a India, que son os seus parceiros naturais.

    ResponderEliminar
  4. Me gustaría, como forastero en este blog, hacer una pregunta de ignorante, aunque me gustaría conocer las opiniones cualificadas de gallegos como vosotros. ¿Existe alguna posibilidad de unificación política de la península ibérica?

    ResponderEliminar
  5. En Portugal existe unha grande desconfianza do iberismo por motivos históricos (de Castela nem bos ventos nem bos casamentos) e na España existe un profundo descoñecemento de Portugal agás nas zonas fronteirizas. Non vexo eu a República Federal Hispano-Lusa moi factible.

    Tampouco me parece que sexa ese o obxectivo a procurar. A idea é fomentar as boas relacións económicas e culturais no Eixo Atlántico, aproveitar o que temos en común.

    ResponderEliminar
  6. Permite que, dende a cordialidade e o afán de aprender co diálogo, discrepe dalgunha das túas apreciacións. Portugal vive unha profunda crise económica, política e social dende hai tempo polo que non o considero un mercado ideal para colocar os produtos. Brasil si pode cumprir máis ese perfil porque está a ir para arriba e máis que terá subir aínda que con grandes riscos e dificultades provocadas por ser o país coas maiores diverxencias de clase social. Pode ser certo que Angola e Mozambique teñen un dos maiores crecementos pero esto é normal porque o seu PIB era tan paupérrimo e as súas condicións tan espantosas que un mínimo crecemento cuantitativo convértese nun gran avance porcentual. É dicir que se alguén que ten 1 euro de capital atopa 50 céntimos pola rúa medra nun 50% pero a un rico cústalle máis medrar.

    Por outra parte douche toda a razón :D. Galicia ten unha oportunidade única nun mundo global ao ser o nexo de unión de toda Latinoamérica e, así como sobrepasásemos a barreira do "my tailor is rich", de todo o novo continente. Supoño que ao mellor, é un supoñer, discrepariamos sobre a cuestión de se o galego e o portugués son ou deben ser unha mesma lingua. Do que non hai dúbida e que sería moito máis proveitoso quitar as horas de relixión no instituto, por exemplo, e impartir a lingua de Camoes para que podamos escribir con corrección e coñecer máis vocabulario lusitano que "frango" ou "presunto".

    Os problemas de Galicia son profundos e difíciles de superar porque dependen da vontade dos propios galegos de ir por adiante. Para iso cómpre:
    Ter unha vontade de ser parte dunha comunidade (Galicia, a lusofonía, España, a Unión Europea o planeta Terra) e estar comprometido co seu desenvolvemento.
    Asumir os propios erros coma individuos e colectivos e fuxir dos fatalismos.
    Crer e amar o coñecemento, o compromiso e o traballo na vez de tomalo como obxecto de burla.

    ResponderEliminar
  7. Concordo totalmente contigo, Xosé (e também esta a empatia desaproveitada…)

    ResponderEliminar
  8. Eu tamén concordo. Quixera saber por que, aínda hoxe, semella como que vivimos de costas a Portugal.

    ResponderEliminar
  9. ¿Algún preguntouse algunha vez se en Portugal pensan de nos o mesmiño que pensades vos de Portugal? Porque quizais respostando a esta dúbida habería tamén resposta pra pregunta do Naúfrago...

    ResponderEliminar
  10. Supoño que o que eles pensan de nós de seguro terá que ver bastante coa actitude de moitos de aquí cando van alí.
    Alén dos comportamentos particulares tampouco houbo nunca unha praxe institucional dirixida á toda a sociedade encamiñada á comunicación entre as dúas beiras do Miño, quizais porque tamén entre os políticos existía ese non querer ser coma eles.
    Todos os anos me sorprende por que nas EOI galegas hai moitísima máis matrícula en italiano que en portugués, debe ser que o ragazzo e a ragazza seguen a ter máis glamour que o garoto e a garota.

    ResponderEliminar
  11. SAIBA TUDO NA

    TV GALEGA

    www.tvgalega.com.br

    Xosé, isto não é publicidade, é apenas uma brincadeira.

    Bom dia a todos

    PITO

    ResponderEliminar
  12. Pero hai que ter en conta a grandísima "lusofobia" que existe no noso país. É un asunto tan metido no maxín e até nos ósos de tantísimos galegos, que é digno dun estudo moi a fondo. De feito, nun congreso que se vai celebrar este mes en Baía (BR), Pilar García Negro vai apresentar un relatorio titulado "Lusofobia, unha forma de galegofobia". Parece interesante

    ResponderEliminar
  13. Non sei que pode ter de interesante un discursiño semellante.

    Salvo para aqueles que pensen que Galicia e Portugal son a mesma cousa

    Que non é

    ResponderEliminar
  14. Tudo o que a Galiza tem poderás encontrar no Brasil em maior quantidade.

    Bons negócios

    PITO

    ResponderEliminar
  15. O meu tio-avô emigrou ao Brasil e fez bons negócios. Eram outros tempos, é verdade, mas o Brasil é um país grande e diverso no que é possível encontrar quase de tudo. Se as coisas continuam a fazer-se lá com bom senso e se as diferenças sociais se reduzem, o Brasil pode ser uma economia emergente importante, no cultural (nomeadamente música e literatura) já é uma potência.

    Acho que é mais fácil concorrer num mercado onde aínda há ocos, como no Brasil, que num mercado saturado. Tambén não devemos esquecer que o Brasil e a Angola são produtores de petróleo. De facto a Angola é o maior fornecedor africano de petróleo à China.

    O caso de Portugal é diferente. Eu acho impossível colocar mais produtos galegos nas prateleiras portuguesas enquanto não sairem da crise económica e social, mas pode ser bom momento para comprar prédios a baixo preço e ganhar a posição à concorrência, para ter estratégias conjuntas no turismo, e para usar o outsourcing, transporto e até consulting dos excelentes profissionais portugueses, que são mais económicos e que de facto é o que se está a fazer em muitas empresas.

    Obrigado pela sua participação.

    ResponderEliminar