14 de mar. de 2007

Passando a Raia

Embora tenha estado várias vezes no Norte de Portugal, cada nova viagem é uma descoberta. Não é por acaso que o Norte seja a região mais genuinamente portuguesa e o espelho de uma Galiza tradicional hoje quase extinta; o país nasceu cá entre Guimarães e o Portus Callaici.

Só a crise económica apresentada em forma de lojas fechadas, aldeias dessertas e prédios desleixados no meio da cidade pôs um sabor azedo. Sempre vale a pena visitar a ribeira do Porto para se encontrar com as melhores pontes de toda a Península. Na imagem, o último viaduto construído, em parceria luso-espanhola e com uma não dissimulada influência do design helvécio.












Imagens: à esquerda do leitor, a ponte do Infante Dom Henrique no Porto (2002), à direita a ponte Salginatobel na Suíça (1930). A primeira foto é própria, a segunda está em Structurae.

9 comentarios:

  1. Tamén é Portugal un país famoso polas súas pontes.
    Impresionoume moito a longa ponte lisboeta (25 de Avril?) e tamén a de Eiffel en Porto...

    ResponderEliminar
  2. O norte de Portugal para min é moi simbólico, porque na miña infancia acudía con frecuencia e teño moitos recordos relacionados con esas viaxes. Supoño que cheguei ao punto en que o idealizo.

    ResponderEliminar
  3. Todos os bos e xenerosos sentimos algo no corazón cando viaxamos por Portugal enteiro e máis polo Norte. Eu vou menos do que quixera pero en canto estea isto un pouco máis tranquilo unha escapadiña non vai vir mal

    ResponderEliminar
  4. O norte de Portugal é parte de Galiza, cara ó sur os sentimentos varían un "pouquiño".
    O que deseña esas pontes xa podía vir axudar un pouco polo norte... que nos teñen tolos coa ampliación da Ponte dos Santos (Ribadeo-Asturies)

    ResponderEliminar
  5. Eu estiven hai poucos días en Vila Real, fermosa cidade, e dando un paseiño ata A Regua, quedei abraiada con aqueles bancales no nas ladeiras, onde se cultivo o viño. Lembraronme os que había preto de onde eu vivo, na Bibei, hoxe abandoados a meirande parte, ¡ai esta galicia nosa, que abandonadiña está!
    Fermosas fotos.

    ResponderEliminar
  6. Graciñas pola viaxe! fai dez anos tamén eu andiven polo norte de Portugal.

    ResponderEliminar
  7. Eu tamén hei de pasar unha fin de semana destas cara ao sur, que xa me está apetecendo regresar a Portugal. E noraboa polos exames

    ResponderEliminar